logo

Construción / Plataforma de contactos

Versión para imprimir
"Instrucións para a construción dunha plataforma de contactos para a medición da capacidade de salto/s"
Autores: Bernat Buscà Safont-Tria, Xavier de Blas Foix e Gabriel Daza Sobrino
BernatBS@blanquerna.url.es, francescxavierdf@blanquerna.url.es, GabrielDS@blanquerna.url.es
Profesores de Ciencias do Deporte da Facultat de Psicología, Ciències de l'Educació i de l'Esport Blanquerna Universitat Ramon Llull (Barcelona).
Instrucións orixinais do Dr. Alberto García-Fojeda, profesor de Biomecánica do INEFC de Lleida.

Materiais e ferramentas


[Pendente: asociar números de ilustración a materiais e ferramentas]

MATERIAIS (para unha manta de 0,80m x 1,10m) PREZO (aprox.)
21m de lamela de aceiro temperado de 13mm de largo x 0,50mm de groso (para 30 variñas de 70cm) 38 €
1 rolo de cinta de dobre cara Scotch 3M 19mm x 1,5m. 3 €
6 metros de cable dobre (1m simple para a plataforma e 5 metros ata o Chronopic). 3 €
1 rolo de 30m de cinta adhesiva de dobre cara de 5cm de largo 10€
2 anacos de plástico transparente de 1m x 1m 1€
2 anacos de lona resistente de 1m x 1m 2€
1 rolo de 5m de cinta adhesiva americana 10 €
30 arandelas pequenas para os remaches 2 €
30 remaches de aluminio/aceiro 4 €
  • Tesoiras para cortar metal
  • Trade
  • Brocas de 3,2mm e de 2,1mm
  • Pistola de remaches
  • Cútter
  • Tesoiras de papelería
  • Martelo
  • Punta de aceiro temperado
  • Alicates
  • Rotulador

Instrumentos para a construción

Tempo de fabricación da plataforma (entre tres persoas): 2h-2h30' (segundo experiencia).

  1. Corte 30 pezas de 70cm de lamela de aceiro temperado coas tesoiras (a lamela ven en rolos de 5m).A cada anaco chamarémoslle variña.
  2. Faga un burato de 3mm a 1,5cm por cada extremo das variñas. A lamela é moi dura e será difícil perforala cun trade. Recoméndase perforala cun golpe de martelo (ou varios) sobre unha punta de aceiro temperado e despois repasar co trade e unha broca de 3,2mm.

  3. Coloque cinta Scotch 3M sobre unha cara da variña cada 7cm ao longo desta.
  4. Pegue outra variña co burato no lado oposto de tal xeito que sobresaian uns 3cm (é importante que os extremos das variñas estean sobre un anaco de cinta de dobre cara). Ao conxunto das dúas variñas pegadas coa cinta chamarémoslle “conxunto variña”.
  5. Corte un anaco de cable dobre de 1,30m e sepáreo para convertelo en 2 cables simples de 1,30m.
  6. Marque o cable con sinais de 1cm cada 7cm co rotulador. Ao principio é importante que deixe un anaco de 2cm sen pelar e comece a contar desde hai. Actualización: se recomienda que esta distancia de 7 cm sea menor para que no aparezcan problemas en la detección de los saltos. Esto se aplica en todas las referencias a 7cm desde este punto hasta el final del texto. [TRADUCIR]
  7. Pele cada cable simple aproximadamente 1cm por cada 7cm. Ao final quedará un cable pelado cada 7cm. Chamarémoslle “cable pelado 7cm”.
  8. Dispoña os “conxuntos variña” paralelamente de tal maneira que todos queden do mesmo modo (as variñas superiores co burato nun lado e as variñas inferiores co burato no lado oposto).
  9. Una os conxuntos variña mediante un anaco de “cable pelado 7cm” utilizando un remache e unha arandela. Para unilos fai falla separar a metade de fíos do cable para que o remache poida pasar polo medio. Non esqueza poñer a arandela na parte superior e remachar coa pistola (debe quedar unha serie de variñas paralelas unidas por un cable en serie para todas as variñas superiores e outro cable en serie que una as variñas inferiores).
  10. Corte dous anacos de plástico de 1m x 1m.
  11. Coloque dous anacos de cinta adhesiva de 5cm de dobre cara aos lados do plástico e de arriba cara abaixo.
  12. Coloque a estrutura sobre o plástico de tal forma que queden pegados os “conxuntos variña” de forma paralela.
  13. Coloque un anaco de cinta de dobre cara no espazo que queda entre dous “conxuntos variña” para fixar a estrutura.
  14. Pegue o outro anaco de plástico para protexer a outra cara.
  15. Reforce os bordes coa cinta americana dobrada.
  16. Finalmente, recubra a manta con lona para facela máis resistente aos golpes.
    Visite Comentarios sobre a fabricación (castelán).